Logo Xerais

Info autor/a

F. Freixanes, Víctor

(enviar correo)

Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista. En 1976 publicou «Unha ducia de galegos», libro de referencia na crónica da cultura galega contemporánea. Como narrador deuse a coñecer en 1982 con «O triángulo inscrito na circunferencia» (Premio Blanco Amor), novela que se considera xa un clásico da nosa narrativa. Outros títulos seus son «O enxoval da noiva» (1988), «A cidade dos Césares» (Premio Torrente Ballester, 1992) e «Cabalo de ouros» (2010).Entre 1988 e 1992 dirixiu Edicións Xerais de Galicia, posteriormente, as edicións literarias do Grupo Anaya, Alianza Editorial e, máis recentemente, Editorial Galaxia. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial na que se amosa unha ampla e variada visión histórica de Galicia. En marzo de 2017 foi elixido Presidente da Real Academia Galega.

As súas obras como autor/a