Autor/a
George Steiner
George Steiner (París, 1929), fillo de pais xudeus austríacos emigrou coa súa familia aos Estados Unidos en 1940. Estudou nas universidades da Sorbona, Chicago, Harvard e Oxford e foi profesor das de Cambridge, Nova York e Yale. Considerado como un dos máis recoñecidos estudosos da cultura europea, gran filósofo, crítico literario e ensaista, é autor dunha estensa obra, na que destacan libros como La muerte de la tragedia (1961); El lenguaje del silencio (1967) ou Despois de Babel (1975), a sua grande obra humanística, que será publicada por Xerais; Antígonas: una poética y una filosofía de la lectura (1984); Pasión intacta (1996) a súa autobiografía Errata: el examen de una vida (1997) ou Los libros que nunca he escrito (2008). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias 2001 de Comunicación e Humanidades. George Steiner en The Ney Yorker é o seu primeiro libro publicado en lingua galega.