Gisbert, Joan Manuel
(enviar correo)Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949). En palabras da profesora Lola Mascarell, «Hai un mundo vivido e un mundo pensado que se nutre do vivido, e un mundo vivido que adquire a súa plenitude cando incorpora os achados do mundo pensado. A obra de Joan Manuel Gisbert sitúase nese interregno, no intervalo máxico no que conflúen, con harmonÃa espléndida, o soño e a vixilia». Gisbert é un dos máis prestixiosos escritores da narrativa fantástica, de misterio e de aventuras. As súas obras móvense en zonas enigmáticas da realidade, e adoitan estar inspiradas pola busca do que está máis alá dos lÃmites da experiencia cotiá. Nas súas páxinas desenvolve historias sempre cheas de atractivo sen descoidar nunca a riqueza da linguaxe. Autor traducido a vinte linguas, recibiu importantes premios literarios como o da CCEI, o Lazarillo, o da CrÃtica, o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o Gran Angular, o Barco de Vapor -en dúas ocasións-, o Edebé, o Cervantes Chico e o Sorcières (Francia), entre outros.