Logo Xerais

Info autor/a

Martín, Andreu

(enviar correo)

Andreu Martín (1949), psicólogo, guionista de cómics, coñecido autor de novela negra, e Jaume Ribera (1953), licenciado en Ciencias da Información e tradutor, tamén guionista de cómics e autor de novela negra, iniciaron a súa fecunda relación na creación e andanzas do personaxe Flanagan coa publicación de No pidas sardina fuera de temporada (Premio Nacional de Literatura Juvenil, 1989). En galego e dentro da saga de Flanagan, publicaron ata agora na colección Fóra de Xogo sete títulos: Flanagan de luxe (Xerais 1994), Alfagan é Flanagan (Xerais 1996), Flanagan Blues Band (Xerais 1996), Flanagan 007 (Xerais 1998), Flanagan, só Flanagan (Xerais 2000), Eu tampouco me chamo Flanagan (Xerais 2006) e Flanagan Flash-Back (Xerais 2009). Ninguén sabe como o fan. Preguntados pola súa forma de traballar, aseguran que un escribe as vocais e o outro as consoantes.

As súas obras como autor/a