Logo Xerais

Info ilustrador/a

Cobas, Xosé

(enviar correo)

Xosé Cobas Gómez (Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953) está vencellado profesionalmente ao mundo da pintura e o deseño gráfico. A comezos dos anos 80 toma contacto co mundo da ilustración, sobre todo na prensa e máis nas revistas, iniciándose na ilustración de literatura infantil e xuvenil, sen abandonar os rexistros pictóricos. Dende aquela publicou numerosos libros, gañou varios premios e participou en diversas exposicións en España e no estranxeiro. Entre os seus libros destaca, O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008) Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil - Xuvenil), 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008. http://www.xosecobas.es

As súas obras como ilustrador/a