Logo Xerais

Info ilustrador/a

Prado, Miguelanxo

(enviar correo)

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é autor de banda deseñada, pintor e ilustrador.É director de "Viñetas desde o Atlántico", o salón anual de cómic da cidade da Coruña. É autor dos seguintes libros: "Fragmentos de la enciclopedia délfica" (1985), "Sratos" (1987), "Quotidianía Delirante" (1988), "Crónicas incongruentes" (1990), "El manantial de la Noche (Manuel Montano)", guión de F. Luna (1990), "Quotidanía Delirante II" (1990), "Páxinas Crepusculares (historias inducidas)" (1993), "Trazo de tiza" (1993), "Pedro e o lobo" (1994), "Unha carta atopada en Lisboa" (1995), "La ley del amor", novela de Laura Esquivel (1995), "Tangencias" (19959, "Quotidanía delirante III" (1996), "Fantasmagories" (2000), "Quotidanía delirante, antoloxía" (2003), "Belo Horizonte" (2003) e "Contos de nadal", sobre relatos de Manuel Rivas (2003). Ten ilustrados, entre outro, libros de X.L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre. Os seus traballos foron publicados tamén en "La Voz de Galicia", "Tempos" e "El Dominical". Creador da mascota e do contorno gráfico do "Xabarín Club", da serie de animación "Os vixilantes do Camiño", así como de personaxes da serie de animación "Homes de Negro (Men in Black)" para Columbia Pictures. Polo seu traballo recibiu numerosos premios internacionais.

As súas obras como ilustrador/a