Carreiro, Pepe
(enviar correo)Publicou debuxos de humor nos seguintes medios: A Voz do Pobo, voceiro do PCG; a tira O fillo de Breogán e co mesmo personaxe fixo O tebeo do pobo; Mundo Obrero e La Codorniz; publicou varias viñetas no semanario Teima e, ao desaparecer este, no diario El Pueblo Gallego a tira "O Galo Camilo" e en Hoja del Lunes de Vigo, unha viñeta polÃtica; en Faro de Vigo, no suplemento semanal "A Pizarra", a tira "Maxistérico"; en Faro del Lunes, a tira "Canal Privado"; fundou a revista humorÃstica Can sen dono, da que foi o seu primeiro director; en A Peneira, periódico comarcal, a tira "Robinsón"; na TVG, no programa A trabe de ouro, a tira "O anano do tesouro"; no semanario A Nosa Terra, viñetas polÃticas; en Diario de Galicia, unha viñeta diaria de humor polÃtico; foi fundador do semanario satÃrico XO! a voz que para as bestas; na revista A trabe de ouro, unha viñeta polÃtica.Tamén publicou unha viñeta polÃtica no diario El Mundo. Creador da serie infantil Os Bolechas (uns 50 tÃtulos publicados en distintas coleccións de A Nosa Terra). Debuxante e guionista da serie de banda deseñada Os Barbanzóns (2 tÃtulos publicados: Baroña ou morte, No solpor da Prehistoria) de Toxosoutos. En marzo do 2005 publica na editorial Fervenza o libro de viñetas de humor Peor que antes, mellor que mañán. No libro de banda deseñada colectivo H2 oil publicou unha páxina sobre o asunto Prestige.