Auladell, Pablo
(enviar correo)PABLO AULADELL (Alacant, 1972). Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Alacant, é ilustrador e historietista. Despois de colaborar co colectivo autoral La Taberna del Ñú Azul, comeza a súa carreira profesional a raíz de obter o Primeiro Premio no Certame Nacional de Cómic Injuve 2000. Realizou ilustracións e historietas gráficas para unha trintena de libros de editoriais como Anaya, De Ponent, Kalandraka, Barbara Fiore, Actes Sud l'An2, etc. O seu traballo foi recoñecido co Segundo Premio ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís 2005, por ``Peiter, Peter y Peer y otros cuentos de Andersen´´, co Premio ao Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona de 2006 por ``La Torre Blanca´´ ou co Certame Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Cidade de Alacant en 2003 por ``Mar de sábanas´´, con texto do escritor Pablo Albo. Así mesmo, participou en diversas exposicións individuais e colectivas en España, Italia e Alemaña. Pablo Auladell é docente do Máster Ars in Fabula en Macerata (Italia) e Presidente de Apiv (Associació Professional d'Il.lustradors de València). www.pabloauladell.blogspot.com - www.pabloauladell.com