Castelao, Patricia
(enviar correo)Patricia Castelao (A Estrada, 1974) é ilustradora e membro do Estudio Baobab. Traballou en diversos proxectos de animación con Dygra films, Filmax Animation e Ilion Animation Studios. No ano 2004 comezou o seu traballo como ilustradora de libros infantÃs co volume Contos prodixios I de Xosé Miranda e Antonio Reigosa e Ãlvaro e Ãlvaro de Xosé Miranda, ambos os dous publicados por Xerais. Dende entón ten realizado importantes traballos de ilustración de libros de texto, preparación de carteis e a ilustración de textos de literatura infantil, como: Si de Gloria Sánchez (2005), Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca de Xosé Miranda (Xerais 2006), Unha cabana na lúa de Jaureguizar (2007), A lagoa das Nenas Mudas de Fina Casalderrey (Xerais 2007), Amancio Amigo e o demo da botella de Xosé Miranda (Xerais 2008), O sombeiro Chichiriteiro de Manuel Rivas (Xerais 2009) e Malos tempos para os fantasmas de AgustÃn Fernández Paz (Xerais 2012). Foi seleccionada para representar a España na Feira do Libro de Frankfurt 2006.