Logo Xerais

Info ilustrador/a

López, Noemí

(enviar correo)

NOEMÍ LÓPEZ (Lugo, 22 de novembro de 1974). Viviu case sempre en Lugo onde se formou como deseñadora gráfica (Premio Extraordinario), decantándose pola ilustración. Gañou algúns certames de carteis e comezou así a facer ilustracións para este e outros soportes coma xornais e revistas e, pouco despois, a ilustrar libros de ficción e educación. É una apaixoada da literatura infantil e xuvenil, e participa en exposicións colectivas de ilustradores, e tamén impartindo obradoiros e cursos de ilustración en bibliotecas, salóns, e feiras de libros. Mais tarde, compaxinado co anterior, traballou como debuxante de animación despois dun periodo de formación, actualmente continúa con proxectos dentro deste campo. En Xerais ten ilustrados os seguintes libros: Boas noites de Paula Carballeira, Guía ilustrada da Galicia Invisible de Antonio Reigosa, Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal de Antonio Reigosa, Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de LIX

As súas obras como ilustrador/a