Logo Xerais

Info ilustrador/a

Rodríguez Castro, Iván

(enviar correo)

Iván R. Nigrán, 1980.Logo de traballar como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade durante quince anos, descubriu no soporte téxtil unha nova linguaxe que o levou a mergullarse tamén no mundo da moda. Actualmente traballa como profesor de ilustración e deseño nunha escola de moda que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os títulos publicados están "Etiqueta para todos" (Xerais, 2009), "Estamos no verán" (2014), "Teatro de guiñol" (2016), "Cociñando con Bolboretas no bandullo" (Xerais, 2018) e "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019).

As súas obras como ilustrador/a