Logo Xerais

Info ilustrador/a

Calo, Marcos

(enviar correo)

Marcos Calo (A Coruña, 1974) comezou a dedicarse profesionalmente ao debuxo despois de cursar estudos de Belas Artes en Pontevedra. Os seus primeiros pasos foron na animación, máis notablemente traballando como deseñador de escenarios nos filmes "Planet 51" e "Despicable Me". Ao mesmo tempo, foi desenvolvendo a súa faceta como ilustrador de contos ata hoxe, no que a ilustración é a súa principal ocupación. Destacan os seus traballos para empresas norteamericanas como Harpercollins, Tor Books, Sterling Publishing ou Stone Arch Books. En Xerais ilustrou "Macarrón de Narices" (2011), "A Estrela de Oriente" (2012) e "O mundo máxico de Lía" (2020).

As súas obras como ilustrador/a