Aparicio Andión, Almudena
(enviar correo)Almudena Aparicio (1978). Dende moi nova mostrou interese polo debuxo e a súa familia puxo todas as ferramentas necesarias para desenvolver as súas capacidades creativas, malia que nunca imaxinaron que nun futuro esta serÃa, ademais da súa paixón, a súa saÃda profesional. Moi pouco tempo despois de rematar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, comezou a colaborar coa editoral Anaya na ilustración de libros de texto. Dende entón traballou en múltiples publicacións infantÃs, libros de texto, aplicacións interactivas e traballos con fins publicitarios e divulgativos. Ten publicados en Xerais os libros: "O gato fantasma" (2013) de XelÃs de Toro e "A batalla da pequena Chañan Curi Coca" (2017) de Rosa Aneiros. Mantén a súa paxina www.almudenaaparicio.com