Barreiro, Sesé
(enviar correo)MarÃa José Barreiro (A Coruña, 1982). A súa vocación sempre estivo vinculada ao mundo do debuxo e do deseño. En consecuencia, tras catorce anos garabateando en xornais e calquera anaco de papel dispoñible, decantouse por cursar Técnico Superior en Ilustración e Gráfica Publicitaria. Os seus primeiros pasos profesionais foron as ilustracións de Abecedario das letras e do álbum Cantando conmigo de Mamá Cabra (2003), pero dende entón esta xove ilustradora leva realizado e colaborado nun bo número de proxectos interdisciplinares. Arestora compaxina a ilustración co traballo de deseñadora en campañas publicitarias para axencias de publicidade. A Terra Queima (Xerais, 2013) é a súa primeira colaboración con Xerais. Para saber máis sobre os seus traballos: www.argallada.com