Logo Xerais

Info ilustrador/a

Sánchez Losada, Iago

(enviar correo)

Iago Sánchez Losada (Vigo, 1985) estudou Artes Gráficas e Gráfica Publicitaria e exerce como deseñador gráfico de xeito profesional dende hai máis de dez anos. Nos anos 2008 e 2009, o colectivo "Creatividade Galega" elixiu algúns dos seus traballos para incluir no seu prestixioso anuario. Un importante número de proxectos empresariais galegos, así como de outros ámbitos, levan a imaxe creada por Sánchez Losada. En relación co eido editorial, foi o encargado de ilustrar o libro "Galería de saldos" (Xerais, 2016), realizando interpretacións de coñecidas obras de arte para cada un dos relatos. Na actualidade, traballa como Director de Arte nunha coñecida axencia de comunicación. Neste ámbito, o seu traballo máis destacado son as ilustracións realizadas para o documental "50 anos de Torre de Núñez".

As súas obras como ilustrador/a