Tova, Laura
(enviar correo)Laura Tova (Carballo, 1989)www.lauratova.comFormada en ilustración na EASD Pablo Picasso, comeza co seu proxecto de deseño de produto no ano 2014, para posteriormente introducirse no mundo do deseño e da ilustración publicitarios. Participa en diversas iniciativas de arte urbana como Derrubando Muros con Pintura, Rúar e rir ou Derrubando Muros para ver o Mar, na Coruña.Imparte obradoiros onde transmite a súa particular forma de interpretar a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. Destaca o seu proxecto de autoedición "Voantes" onde conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. Consideráse unha persoa chea de ilusión, soños e historias coas que establece a súa relación co mundo. Confesa que en 2015 viu a súa primeira estrela fugaz e marchou con ela.