Logo Xerais

Info ilustrador/a

Fafián, Iria

(enviar correo)

Iria Fafián estudou Belas Artes en Pontevedra, Altea e Angoulême, e especializouse no eido do debuxo e das artes gráficas. Realizou un posgrao de ilustración na Escola de Disseny BAU (Barcelona) e o mestrado de artes gráficas da Fundación CIEC (Betanzos). Dende hai uns anos a súa actividade profesional xira arredor da ilustración e do muralismo. As súas ilustracións foron seleccionadas no certame Iberoamérica Ilustra 2016 e na bienal Ilustrarte 2018. Participou en mostras colectivas, como a Mostra internacional de ilustración Contemporánea 2019 (MiiC). Dentro do seu traballo persoal cómpre destacar os proxectos expositivos de caixas de luz («Komorebi», 2016, e «Irusu Ville», 2018), os cales expuxo na libraría Panta Rhei de Madrid e na Fundación Luís Seoane da Coruña. Actualmente ten o seu estudio na Coruña. www.iriafafian.com

As súas obras como ilustrador/a