Jano
(enviar correo)O meu nome é Alejandro Viñuela Agra (Jano). NacÃn na Coruña en 1979. Licencieime en Belas Artes e estiven de beca Erasmus en Bergen (Noruega), tamén estudiei Ilustración na Escola Massana de Barcelona.Traballo coma deseñador gráfico, historietista e ilustrador para diversas empresas e en diferentes eidos como o debuxo de historietas con varios traballos publicados en Bang! Ediciones, Autsaider Comics, Demo Editorial ou Revista Mongolia, e sobre todo, en encargos de ilustración para publicacións como Monocle Magazine, Daily Telegraph, Revista El Malpensante...editoriais como Ir Indo, Alfabia ou entidades como A Mesa e a Fundación Barrié. Tamén desenvolvo unha actividade como docente en obradoiros de narrativa gráfica dirixido a nenos e nenas.Gañei algúns premios como o Injuve no 2002, o Certame Ourense no 2003 ou o Golden Globos 2011. En Agosto de 2014 tiven a sorte de ser un dos invitados ao festival Viñetas desde O Atlántico en A Coruña.Máis información en: http://janoilustracion.blogspot.com.es