Correa Corredoira, Xavier
(enviar correo)Nado na Coruña en 1952, Xavier Correa Corredoira é un recoñecido pintor, gravador e escultor. Xunto con outros artistas coruñeses dos anos setenta, iniciou a súa carreira artÃstica vinculado ao grupo Galga. A principios dos anos oitenta, uniuse á creación do colectivo Atlántica, co que participou nas famosas exposicións de Baiona, Madrid, Salvaterra de Miño e Compostela. Artista inquedo e capaz, Corredoira experimenta con diversas disciplinas artÃsticas como a escultura, a cerámica, os murais, a pintura de cabalete ou o gravado. Xa nos anos oitenta constituÃu, xunto con outros artistas coruñeses, a emblemática asociación local GrupOrzán, cunha vontade democratizadora do mercado artÃstico. Con este grupo participa na edición de ARCO 87. Nas súas obras son constantes as referencias á natureza, á literatura e ao propio subconsciente, cunha forte carga de sensibilidade. Nos últimos anos dedicou gran parte do seu traballo á escultura e ás grandes composicións cerámicas en espazos abertos, como medio de conexión máis directa coa vida mesma. Para Xerais ilustrou os poemas de Xavier Seoane que conforman «Cancións para Ana Lúa» (Xerais, 2021).