Logo Xerais

Info ilustrador/a

García, Eli

(enviar correo)

Eli García formouse na Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense e na Escola Profesional de Cómic e Ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. Desde o ano 2018 dedícase profesionalmente á ilustración, compaxinando os seus traballos de ilustradora científica con proxectos de cómic e editoriais. A súa obra foi recoñecida en diversos certames de ilustración e BD. Participou nas obras colectivas «A vila dos debuxantes do norte» (2014) e «221BD» (2015), e mais no especial «Charlie Hebdo» do Diario de Pontevedra tras os atentados no semanario satírico francés en 2015. En Xerais é autora das ilustracións da novela infantil «Maxia de pedra» (2021).

As súas obras como ilustrador/a