Suniaga, Susana
(enviar correo)Susana Suniaga (1981) 茅 unha artista venezonala afincada en Pontevedra. 脡 licenciada en Artes Visuais pola Universidad de los Andes de M茅rida, Venezuela, e M谩ster en Libro Ilustrado e Animaci贸n Audiovisual.Participou en exposici贸ns colectivas e individuais por diversos pa铆ses. Publicou o seu primeiro libro ilustrado como parte do URB-Topias de Pontevedra (2019) e dende ent贸n traballou en diversos proxectos editoriais. No ano 2020 obtivo o premio de Ilustraci贸n da XXI edici贸n do Sal贸n do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e foi finalista do VI Valladolid Ilustrado e do Concurs Raima D'il路lustraci贸 i disseny de Barcelona.En Xerais, 茅 autora das ilustraci贸ns do 谩lbum 芦A nena lectora禄, escrito por Manuel Rivas (2021), e da novela 芦O d铆a que choveron gatos禄 (2023), de Eva Mejuto.