Ilustrador/a
Carlos Gallego Domínguez
Carlos Gallego (Santiago de Compostela, 1994) comeza a súa andaina co lapis e o papel entre Muxía e A Coruña. Gradúase en Deseño pola Universidade Complutense de Madrid e especialízase en ilustración na Escola de Arte de Manchester. Ademais da súa obra persoal, na que experimenta coa combinación de técnicas tradicionais e procesos dixitais, as súas ilustracións poden verse en libros de texto escolares e en diversas campañas de comunicación e publicidade. En Xerais ilustrou os libros «Que sabes da guerra civil e o franquismo?» (2021) e «A memoria dos pingüíns» (2023).