Ilustrador/a
MeliMolita
Manuela Elizabeth Rodríguez González (MeliMolita) nace en Venezuela (Valencia, Carabobo) en 1990 e reside desde 1993 en Ourense. Cursou o Grao en Belas Artes e o Máster de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Desenvolve a súa actividade artística arredor da ilustración e da animación audiovisual, e foi recoñecida con diferentes premios. Dentro da ilustración editorial publicou «Vidas Imaxinarias» (2017) e «Nogard» (Xerais, 2022).