Alcalá, Xavier
(enviar correo)Xavier Alcalá (Miguelturra, Ciudad Real, 1947). Viviu en Ferrol dende a infancia. Enxeñeiro de profesión e profesor da Univerisdade da Coruña. Colaborador en revistas e xornais galegos, con series como «Os xuramentados», «Desde a última trincheira», «O impaÃs», «Do caderno ó prelo»... Viaxeiro vocacional e estudioso da emigración galega en América. Coautor do método de aprendizaxe, O galego hoxe (1980). Como traductor realizou as versións para o galego de A illa do tesouro (Xerais 1985) de Stevenson e Estudio en escarlata (Xerais 1986) de Arthur Conan Doyle. Autor dunha estensa obra narrativa, publicou as novelas: A Ãnsua (1978); A nosa cinza (1980); Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña, Premio da CrÃtica Española; Nos pagos de Huinca Loo (1982); Tertulia (1985); Fumes de papel (1988); Cárcere verde (1990), traducida ó castelán como Contra el viento (1993); Latitude Austral (1991); Viaxes no paÃs de Elal (1992); Código morse (Xerais 1996); e Alén da desventura (1998), Premio Blanco Amor 1998. Publicou tamén os libros de relatos: Voltar, seis personaxes e un fado (1972); «A fundición» (1978), Premio Pedrón de Ouro; O Larvisión e outros relatos (Xerais 1984), Premio Asociación Francisco Lanza; Contos das Américas (Xerais 1992), Contos do impaÃs (Xerais 1992) e o relato "Palabras de cacique" publicado en Longa lingua (Xerais 2002). Escribiu os libro de viaxes Arxentina (Xerais 1991), La Habana Flash (1998) e a guÃa Argentina (1992).