Gaspar, Silvia
(enviar correo)Silvia Gaspar (Silvia Gaspar Porras) (Montevideo, Uruguai, 1960), licenciada en FiloloxÃa e profesora de Ensino Secundario nun instituto da Coruña. Colabora habitualmente no xornal La Voz de Galicia, onde se ocupa de temas literarios. Como crÃtica e especialista en narrativa galega ten publicado diversos traballos (reseñas, estudios crÃticos...) en revistas e volumes especializados como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, Signa e outros. Traduciu para o galego unha ampla nómina de tÃtulos: as obras de Italo Calvino O barón rampante (Xerais 1986), Marcovaldo (Xerais 1987), O vizconde demediado (Xerais 1988) e O cabaleiro inexiste (Xerais 1988); de Emilio Salgari, O corsario negro (Xerais 1989); de Carlo Levi, Cristo parou en Éboli (Xerais 1990); de Gianni Rodari, XamÃn no paÃs dos mentireiros (1991), Gramática da fantasÃa, introducción á arte de contar historias (1999), Os negocios do señor don Gato (2000) e A góndola máxica (Xerais 2002). Como investigadora literaria foi a editora e compliadora de AntoloxÃa do conto galego de medo (1996) e autora de O libro dos cantares de Alfons Eanes do Coton (1995), Premio de investigación histórica Vila de Negreira, e de Unha lectura de IlustrÃsima (Xerais 1997). Como narradora publicou: As aventuras de Guauguau (1992).