Número de libros encontrados: 1387
Só os mortos saben a verdade
A morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta...
Caput mortuum
«Caput Mortuum» é un libro que pensa o corpo, a linguaxe e o tempo desde a ruína ecolóxica, política, amorosa e textual. O título remite ao pigmento caput mortuum, tamén ao residuo alquímico, o que queda despois do lume no crisol, o resto aparentemente inútil, pero cargado de sentido...
O lapis do carpinteiro
«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos...
Unha primavera para Aldara
Unha primavera para Aldara» desenvólvese no interior dun mosteiro, na Galiza do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais...
Heartstopper 6
O volume 6 de «Heartstopper», a entrega final da serie de Alice Oseman, narra o peche da etapa escolar de Nick e Charlie. Enfrontados ao reto da universidade e a distancia, a parella demostra que o seu amor é sincero e forte ante os cambios e o futuro...
A identidade
Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade...
Quero ser coma Vero Boquete
O mundo de Lucía é silencio, regras e pantasmas:o seu pai converteu a casa nunha prisión, onde non se fala, non hai fotos de familia e, por algún motivo, o fútbol está prohibido...
Goma de borrar
A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos...
21 días de Arnela
Arnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante vinte e un días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno...
A eiruga rabuda
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta...
Xardín de Inverno
Ledicia Costas mergúllase nunha viaxe íntima pola memoria, a identidade e as emocións para construír un universo propio cheo de simbolismo onde o xardín de inverno funciona como refuxio fronte á dor, á perda e á mala sorte herdada...
Boundaries Road
Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado...
Rosalíate
Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal...
Capitán Lentella 3.Tras a materia escura
A viaxe continúa! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulación pregúntase como atopar o famoso astrónomo Pekler, o único que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis...