Número de libros encontrados: 1415
De memoria
Logo dunha longa traxectoria, Suso de Toro entende que precisa facer memoria do seu itinerario vital como escritor e reconstruír o que considera a súa vida pública...
Reixas na pel
Ada convive coa nai enferma e coa leal Fátima. Mentres, en Gondar prepárase a homenaxe ao patriarca desaparecido, Rafael Dacal, benfeitor que trouxo prosperidade co volframio...
Pepiño de Gres
Como foi o neno Neira Vilas? Por que emigrou a América? Como pasou os seus anos na Arxentina e Cuba? Cal foi a súa relación co Che Guevara? A que dedicaba o tempo cando non escribía? Pepiño de Gres é unha biografía amena e divulgativa de Xosé Neira Vilas, escrita desde a paixón e o coñecemento próximo do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2027...
A lúa nas cerdeiras de Hiroshima
Entrar á cultura do Xapón lévanos ao coñecemento, a emocións profundas. O poeta asume o Wabi-Sabi: a beleza do transitorio, do imperfecto, do incompleto, a impermanencia, a austera soidade...
Xosé Neira Vilas. O viaxeiro de Gres
Quen mellor para contaren a historia de Xosé Neira Vilas que a súa compañeira de vida, Anisia Miranda, e mais Balbino, o inesquecible protagonista de «Memorias dun neno labrego»? Xuntos convídannos a viaxar no tempo: desde as vivencias da infancia en Gres ata cruzar o océano cara á Arxentina e Cuba...
A gobernanta
Aquel 14 de maio, pola tardiña, Esmeralda acudiu ao IES A Mosqueira disposta a asistir como nai orgullosa ao acto de graduación das súas fillas. Flavia, de 19 anos, e Helvia, de 18, ían recoller o diploma de Bacharelato nesa promoción 2020-2026, pero a máis nova non apareceu polo instituto...
Operación Lola Carola
A historia que quero contar comezou non hai moito e miña irmá e mais eu estamos superpreocupadas. Non sabemos se deberiamos dicirlles todo a mamá e a Ricardo Eliécer Neftalí ou se primeiro temos que conseguir probas irrefutables, que se di así...
A boa morte
Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou...
O club de lectura da fin do mundo
A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos...
Oficio nocturno
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos...
A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega
Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia...
Cachita, o paraugas e mais eu
«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan...
A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia...
A revolución dos vagalumes
Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada...
A boca do río
Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados...