Número de libros encontrados: 1405
O club de lectura da fin do mundo
Que implica a idade? Ata cando se poden facer unhas cousas e non outras? Quen dita cales son as obrigas dunha relación? Nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos, a liberdade persoal impón o seu dominio...
Oficio nocturno
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos...
A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega
Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia...
Cachita, o paraugas e mais eu
«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan...
A lingua dos grifóns
No continente de Anterga a natureza e as palabras están desaparecendo. A poeta Viri e o seu irmán Lauro medran nun orfanato onde a lingua antiga só serve para despedir os mortos...
A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia...
A boca do río
Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados...
Zodiakids 1. O poder das estrelas
Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar...
O Camiño de Santiago: doce séculos de historia
Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio...
Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+
Eva Mejuto e Nee Barros guíannos nunha viaxe polas realidades LGTBIQ+ chea de cor, ironía e gana de revolucionar o día a día. Para iso, contan cos luminosos debuxos de Julia Lago e a axuda dun ser que vén doutro planeta e que non entende nada...
Historias do Quintopino
Nun recuncho do mapa está O Quintopino, unha vila un tanto estrafalaria onde é doado atoparse con personaxes únicos, como poetas a tempo completo, dragóns vexetarianos, princesas guerreiras, monstros co corazón avariado ou bruxas que buscan compañía...
Soños de Lunaria
En Lunaria, humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. Cada dezasete anos, cando as carricantas agroman da terra, celébrase o Sorteo dos Primoxénitos, o que significa que comeza a cacería...
Onde bate o mar
En diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona...
O derradeiro gimlet
Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe...