Número de libros encontrados: 1371
O lado nobre
Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia...
Pacto de silencio
Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia...
O misterio dos gatos rosas
Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas...
As esquinas
Entre a depresión que o devora e as esquinas contra as que golpea o seu corpo para sosegar a dor emocional, o protagonista desta novela intenta sobrevivir no medio dun caos de relacións rotas e adiccións...
Hoxe toca Leiva?
Sam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna...
Pantasmadas
O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan...
Tiña eu razón
Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza...
A Galicia moderna (1880-1939)
A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939...
Timbrol e a pega (e os demais)
Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol...
O mapa da túa sexualidade
Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras? Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo...
Vigo pequeno
Vigo é unha cidade incrible: ten un ascensor que parece unha nave espacial, un campo de fútbol feito con ondas de mar e un sereo empoleirado no alto de dúas columnas...
Criaturiña
Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total...
Cáncara
Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello...
Buscaletras
Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar...