Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 10

Pequena mitoloxía de Galicia

Antonio Reigosa

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba...

Guía de campo da Galicia Encantada

Antonio Reigosa

Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares...

O raposo aviador que voa sen motor

Antonio Reigosa

Este libro conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor...

Galicia Encantada

Antonio Reigosa

O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes...

O aprendiz de home do saco

Antonio Reigosa

Había unha vez un home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar...

Trece noites, trece lúas

Antonio Reigosa

Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento...

Guía ilustrada da Galicia invisible

Antonio Reigosa

Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar...

Resalgario

Antonio Reigosa

Resalgario é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Resalgario cando viste de demo ten cara de coello, pelello negro, as mans peludas, pés de cabra, uñas de gato e un rabo enrodelado...

Autor/a da semana

Cando os animais falaban

Antonio Reigosa

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa...

Memorias dun raposo

Antonio Reigosa

Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...