Número de libros encontrados: 776
O polbo e a súa cociña
Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo...
Os santos nunca dormen
Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas...
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas...
Recinto Gris
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou...
Penúltimas tendencias
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo...
Os Gotten
Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe...
Sete Caveiras
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida...
A memoria da choiva
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb...
O Castañeiro de Abril
Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas...
Matarte lentamente
Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata...
Fantasmas de luz
Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona...
Asústate, Merche!
Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio...
Cadeas
Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad...
Ámote Leo A. Destino Xalundes
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa...
Percival e outras historias
En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios...