Número de libros encontrados: 782
Arraianos
A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia...
O crepúsculo e as formigas
É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente...
Chove nos versos
"Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro...
O exiliado e a primavera
Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai...
Tres pasos polo misterio
Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso desacougante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida...
O caracol Remoldiño
Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado...
Irmán do vento
"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos...
Erros e Tánatos
"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender...
Rapazas
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz...
Resistencia
Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX...
Memorias dun raposo
Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...
Noite de voraces sombras
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta...
Cos pés no aire
Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente...
Pel de lobo
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando...
Trece badaladas
Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida...