Número de libros encontrados: 40
Derradeira escolma ferida
Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990)...
O sol na crista do galo
O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular...
Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela
Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega...
Obra poética galega Luís Amado Carballo
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais...
Poesía enteira de Heriberto Bens
A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X...
O fin dun canto
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos...
O soño sulagado
O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova...
Códice calixtino
Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte...