Número de libros encontrados: 199
Minimaladas
Un insecto pau que se camuflaba entre as pólas dunha árbore. Un camaleón que non sabía cambiar de cor. Un oso que traballaba nun circo. Un año negro...
Honorato, o rato namorado
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol...
Viaxe de ida e volta
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación...
Remoldiño vai á feira
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar sen billete argallou unha artimaña: subíuselle nunha bota a un tratante da montaña...
Na fogueira dos versos
Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe...
O laboratorio do doutor Nogueira
O doutor Nogueira é un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade. Coma os superheroes que admira, vive entregado a unha nobre causa: loitar contra os problemas que impiden a felicidade do xénero humano...
A negrura do mar
O presente volume inclúe unha novela ("A negrura do mar") e dous relatos longos (O misterio do Prión" e "A primeira aventura") que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado"...
Estanislao, príncipe de Sofrovia
O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz...
Resalgario
Resalgario é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Resalgario cando viste de demo ten cara de coello, pelello negro, as mans peludas, pés de cabra, uñas de gato e un rabo enrodelado...
Perigo vexetal
É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura...
O tesouro da lagoa de Reid'Is
Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is...
A pedra e as formigas
Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar...
O brillo dos elefantes
Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños...
Usha
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india...