Número de libros encontrados: 199
Quen me quere adoptar?
Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera...
Eu conto, ti cantas...
Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?"...
Unha branca de cobre para Martiño
Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes...
Charlie e o grande ascensor de cristal
Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección...
Charlie e a fábrica de chocolate
O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes...
Álvaro e Álvaro
Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello...
A marabillosa medicina de George
A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes...
Ota quere voar
Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan...
O caracol Remoldiño
Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado...
Memorias dun raposo
Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...
Cos pés no aire
Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente...
¡Mamasiña, que medo!
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura...
O trasno de Alqueidón
Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles...
O futuro roubado
Said e Sheila, os dous rapaces do futuro que xa protagonizaron Perigo vexetal (Premio Merlin 1995) e Ameaza na Antártida, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada e transcendente...
Un tren cargado de misterios
Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el...
Déixao medrar
Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos...