Número de libros encontrados: 896
Onde nacen as bestas
Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...
Pifostio
O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor...
Véndoche un poema
Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía...
Curriño. Fama ou fuga
Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso...
Libro das contrarias
Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas...
O teito é de pedra
«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas»...
A Escola Robot
Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot? E se a escola está nunha illa móbil? Pódese crear un robot con forma de gato? Existen as pantasmas con calzóns de cocos? Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico? Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio? Farase...
Dona Problemas, rescatadora de mascotas
Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas...
De príncipes, princesas e outras andrómenas
Este é un libro de princesas que bailan, que xogan ou que espertan. Tamén de princesas que se anoxan e que se alegran. Hai algunhas que loitan e outras que berran...
Conta, Sherezade
Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla...
As augas interiores
A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres...
Tacón, punta, tacón
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín...
O misterio das zocas
María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante...
Insubmisión ambigua
Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica...