Número de libros encontrados: 896
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro
Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba...
Tres trebóns
"Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca...
O bosque das antas
De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes...
Outra idea de España
Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos...
Charlie e o grande ascensor de cristal
Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección...
Charlie e a fábrica de chocolate
O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes...
Amor de Artur
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico...
O misterio do barco perdido
Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación...
A guerra do tabaco
Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que ten por máis fermosa do mundo. Un descoñecido quere arrebatarlle o control do negocio, e el non descansará ata descubrir quén é...
Veu visitarme o mar
Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar...
Crónica de nós
Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego insoportábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de desespranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis contra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendo as rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aínda que ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda...
Calzados Lola
Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta...
Era por setembro
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia...