Número de libros encontrados: 896
Ortografía da Lingua Galega
Nesta "Ortografía da lingua galega", preparada por María Xesús Méndez Álvarez, o lector atopará unha recompilación exhaustiva de todos os aspectos gráficos que atinguen á correcta escritura da lingua galega (vogais, consoantes, acentuación, puntuación...
Arraianos
A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia...
O crepúsculo e as formigas
É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente...
Chove nos versos
"Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro...
Álvaro e Álvaro
Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello...
Arrepíos e outros medos
"Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia...
Gramática da Lingua Galega
Esta "Gramática da lingua galega", preparada por Xosé Feixó Cid, preparouse cun carácter eminementemente práctico con intención de concentrarse nas dificultades para resolver o maior número de dúbidas a que habitualmente se enfrontan os usuarios da lingua galega...
Unha espía no reino de Galicia
Tras "Galicia. Galicia", Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: "Galicia contada a un extraterrestre", amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; "A espía (Iª volta)" e "A espía (IIª volta)", informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e "O blog de rumbar", anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente...
Vermella con lobos
Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de "Carapucha vermella", "Peter Pan", "As mil e unha noites", "A sereíña", "Bucles de ouro" ou "Os tres osiños", "Brancaneves", "A bela dormente do bosque", "Cincenta", "Barba azul" e "Alicia no país das marabillas"...
Baixo mínimos
O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinato do avogado Adrián Seivane...
Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX
"Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)", de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas...
Ten que doer
Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente e poderosa que, como nun xogo de espellos, vai retomando fíos e tecendo un discurso propio que enfronta aos lectores cos grandes interrogantes sobre a función da literatura e do escritor nun mundo sumido nunha forte crise de valores...
A marabillosa medicina de George
A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes...
O regreso dos maquis
Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta anos despois de fuxir de España, os lugares das súas actuacións...