Número de libros encontrados: 344
Historias de Oregón
Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada...
Cita en Fisterra
O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola...
Meu pai vaite matar
Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará...
O máis estraño
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño...
Extramunde
Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca...
Poñente
O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional...
Vía secundaria
Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas...
Non hai noite tan longa
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972...
A Veiga é como un tempo distinto
Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy...
O bebedor de rakia
Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia...
Todo é silencio
Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo...
Periferia
Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI...
Vidas post-it
Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela...
Asasinato no Consello Nacional
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión...
O coitelo en novembro
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados...
Denso recendo a salgado
Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade que lle serve de marco de referencia...