Declaración de accesibilidade
Política de conformidade
Grupo ANAYA comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de xerais.gal de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se detalla a continuación non é accesible polas seguintes razóns:
a) Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro:
Descríbense a continuación aspectos sobre os que se traballa para obter a plena conformidade (referenciando entre paréntese os requisitos aplicables de UNE-EN 301549:2022).
- 1.3.1 Información e relacións (Nivel A)
Nalgunhas páxinas, a información, a estrutura e as relacións visuais non están correctamente definidas mediante marcado semántico. Isto dificulta a comprensión do contido a usuarios que empregan tecnoloxías de apoio ou que navegan sin estilos visuais. Pode xerar dificultades de interpretación e navegación. - 2.1.1 Teclado (Nivel A)
Detectouse que algúns elementos ou funcionalidades non son completamente operables a través do teclado. Isto dificulta a navegación a persoas que non poden empregar un rato e dependen exclusivamente do teclado ou de tecnoloxías de apoio. Pode impedir o acceso a determinadas funcionalidades. - 2.4.1 Evitar bloques (Nivel A)
Detectouse a ausencia de mecanismos que permitan saltar bloques repetitivos de contido. Esta situación dificulta a navegación eficaz a usuarios que empregan o teclado ou lectores de pantalla. Pode supoñer un acceso máis lento á información principal. - 2.4.3 Orde do foco (Nivel A)
En ocasións, a orde do foco non segue unha secuencia lóxica durante a navegación mediante teclado. Isto pode xerar confusión e desorientación ao recorrer os elementos interactivos. Afecta especialmente a usuarios que dependen do teclado. - 2.4.7 Foco visible (Nivel AA)
Detectouse que o indicador de foco do teclado non sempre é visible ou claramente perceptible. Isto dificulta identificar o elemento activo en cada momento durante a navegación. Afecta a persoas que navegan mediante teclado. - 3.3.2 Etiquetas ou instrucións (Nivel A)
Faltan etiquetas ou instrucións nalgúns campos de formulario. Esta situación dificulta a cobertura correcta dos datos e pode xerar erros. Afecta especialmente a usuarios con discapacidade cognitiva ou que empregan tecnoloxías de apoio. - 4.1.2 Nome, función, valor (Nivel A)
Detectouse que algúns compoñentes da interface non expoñen correctamente o seu nome, a súa función ou valor ás tecnoloxías de apoio. Isto impide que os usuarios de lectores de pantalla poidan interactuar de forma adecuada con ditos elementos. Afecta principalmente a persoas con discapacidade visual.
b) Carga desproporcionada:
- Non aplica
c) Contido non suxeito á lexislación aplicable:
- Existen arquivos en PDF ou outros formatos que poden non cumprir completamente cos requisitos de accesibilidade se foron publicados antes do 20 de setembro de 2018. Tamén poden encontrarse contidos proporcionados por terceiros que non están baixo o control de Grupo ANAYA.
- Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvoltos por Grupo ANAYA ou que non estean baixo o seu control.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración foi preparada o 22 De xuño de 2026.
O método empregado para preparar a declaración foi unha avaliación mediante probas automatizadas e manuais levada a cabo polo equipo de Bemyvega.
- Última revisión da declaración: 22 De xuño de 2026.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.
A través das seguintes vías:
- Correo electrónico: clientes@grupoanaya.es
Tamén pode solicitar, en formato accesible, información que non cumpra cos requisitos de accesibilidade, ou formular unha queixa por incumprimento dos requisitos de accesibilidade.
Procedemento de aplicación
Se tras realizar unha solicitude de información accesible ou unha queixa, esta é desestimada, non se está de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumpre cos requisitos do artigo 12 do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, facilitaráselle un documento para realizar unha reclamación.
Contido opcional
O sitio web de xerais.gal sométese a revisións periódicas para mellorar a súa accesibilidade e corrixir os problemas detectados. Actualmente, estase traballando na implementación de melloras para acadar unha maior conformidade coa normativa vixente.
Tamén se incorporou, entre outras accións, a instalación do software de accesibilidade dixital Viewser. Trátase dunha ferramenta que permite, ás persoas usuarias, personalizar e adaptar a visualización e navegación do contido dixital segundo as súas necesidades ou preferencias.
Entre as medidas adoptadas para Perfís de accesibilidademellorar a accesibilidade, inclúense:
A continuación, detállanse as categorías, ferramentas e opcións de personalización que ofrece a solución:
Perfís de accesibilidade
Ofrécense 7 perfís de accesibilidade que aplican conxuntos de axustes predefinidos para adaptar a visualización do contido en función de diferentes necesidades:
- TDAH: Axuda a focalizar a atención mediante axustes de contido e visualización.
- Maiores: Aumenta o tamaño do texto, o espaciado entre liñas e letras, e activa outras ferramentas que facilitan a percepción dos contidos.
- Dislexia: Cambia a fonte por unha tipografía adaptada e activa unha guía de lectura.
- Aprendizaxe: Aumenta o tamaño do texto e activa ferramentas que facilitan a lectura e a comprensión.
- Epilepsia: Elimina pestanexos ou resplandores e reduce a saturación para minimizar riscos.
- Discapacidade visual: Aumenta tamaño de texto e cursor, e resalta elementos relevantes.
- Daltonismo: Inclúe axustes específicos para 6 tipos de daltonismo: Deuteranopia, deuteranomalía, protanopia, protanomalía, tritanopia e tritanomalía.
Ferramentas de navegación
Inclúe un total de 9 ferramentas deseñadas para facilitar a interacción e navegación polo sitio web:
- Cursor negro: Cambia a cor do cursor a negro e aumenta o seu tamaño.
- Cursor branco: Cambia a cor do cursor a branco e aumenta o seu tamaño.
- Lector de pantalla: Converte o contido visual dunha pantalla en información audible.
- Estrutura da páxina: Mostra a xerarquía da páxina por títulos, encabezados e ligazóns.
- Guía de lectura: Mostra unha barra que segue o movemento do cursor.
- Lupa: Amplía nun 200% o contido sobre a área en que se sitúa o cursor.
- Navegación intelixente: Permite navegar utilizando combinacións de teclas.
- Navegación por teclado: Permite navegar utilizando as teclas do teclado.
- Ventás descritivas: Mostra de texto branco sobre fondo negro do contido situado baixo o cursor.
Ferramentas de contido
Ofrece 12 ferramentas que permiten modificar a presentación e o comportamento dos contidos:
- Bloquear pestanexos: Desactiva efectos de pestanexo ou resplandores.
- Enfoque: Resalta o contido baixo o cursor a xeito de regra horizontal.
- Fonte dislexia: Aplica unha tipografía deseñada para persoas con dislexia.
- Fonte lexible: Substitúe a fonte por Helvética, clara e doada de ler.
- Lectura doada: Resalta as primeiras letras de cada palabra para facilitar a fluidez.
- Modo lectura: Elimina elementos distractores e simplifica a disposición de contidos.
- Dicionario: Mostra a definición en Wikipedia da palabra seleccionada.
- Ocultar imaxes: Permite ocultar todas as imaxes do sitio web.
- Resaltar ligazóns: Destaca as ligazóns mediante un bordo de cor amarela.
- Resaltar títulos: Destaca os títulos mediante un bordo de cor amarela.
- Silenciar sons: Desactiva os sons do sitio web.
- Aliñación de textos: Permite elixir entre aliñación dereita, centrada, esquerda ou xustificada do contido textual do sitio web.
Opcións de personalización de contido
Dispón de 6 opcións de personalización para axustar características de presentación textual:
- Tamaño de fonte de texto: Modifica o tamaño do texto.
- Espaciado entre palabras: Axusta a separación entre palabras.
- Espaciado entre letras: Axusta a separación entre letras.
- Espaciado entre liñas: Modifica a separación entre liñas de texto.
- Tamaño do enfoque de pantalla: Axusta o tamaño da área resaltada pola ferramenta de enfoque.
- Cor do resaltado de lectura fácil: Permite personalizar a cor do resaltado aplicado na ferramenta de lectura fácil.
Ferramentas de cor
Inclúe 9 ferramentas que permiten axustar os parámetros de brillo, contraste e saturación:
- Contraste alto: Aplica un contraste alto entre contido e fondo.
- Contraste claro: Aplica texto negro sobre fondo branco.
- Contraste invertido: Inverte as cores do contido.
- Contraste escuro: Aplica texto branco sobre fondo negro.
- Monocromo: Converte todo o contido a escala de grises.
- Saturación alta: Aumenta a saturación das cores.
- Saturación baixa: Diminúe a saturación das cores.
- Brillo alto: Aumenta a intensidade do brillo.
- Brillo baixo: Diminúe a intensidade do brillo.
Opcións de personalización de cor
Permite realizar 6 axustes específicos relacionados cos parámetros cromáticos da páxina:
- Cor de contidos (textos non encabezados): Permite seleccionar a cor do texto estándar.
- Cor de encabezados: Permite personalizar a cor dos encabezados.
- Cor de fondo: Permite modificar a cor de fondo da páxina.
- Grao de saturación: Axusta a saturación das cores do contido.
- Grao de contraste: Permite definir o nivel de contraste aplicado.
- Grao de brillo: Permite axustar o brillo global da páxina.
Para obter máis información sobre a accesibilidade en Grupo ANAYA, pode solicitala escribindo ao correo electrónico: clientes@grupoanaya.es.
Métodos de avaliación empregados
Os métodos empregados para a elaboración desta declaración de accesibilidade foron mediante probas automatizadas e unha posterior avaliación levada a cabo polo equipo de Bemyvega.
