Logo Xerais

Copyright

Datos de empresa

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.U. (sociedade unipersoal de Grupo Anaya, S.A.)

C/ Dr. Marañón, 10. 36211 - Vigo (Pontevedra)

C.I.F. nº A-36/617496

Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra
LIBRO: 252 - FOLIO: 211 - FOLLA: 3.550

Reservados todos os dereitos. Visitar este sitio supón a súa aceptación da nosa Política de confidencialidade e Condicións de Utilización.
As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade de Edicións Xerais de Galicia S.A. ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas Marcas sen a previa autorización escrita de Edicións Xerais de Galicia S.A., ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Condicións de utilización

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS

Edicións Xerais de Galicia S.A. pon a disposición dos seus usuarios neste sitio un conxunto de informacións, catálogos, arquivos e documentos, así como varios servizos cuxo uso está suxeito aos termos e condicións contidos neste documento. O feito de acceder a este sitio implica que vostede acepta todas e cada unha destas condicións de utilización. Edicións Xerais de Galicia S.A. resérvase o dereito de modificar periodicamente estas condicións se así o considera conveniente. O uso que vostede faga deste sitio sempre estará suxeito ás máis recentes condicións de utilización que estean incluídas no propio sitio no momento da súa utilización. O uso de calquera material ou servizo contido neste sitio realizarase de acordo coas normas e condicións específicas de cada material ou servizo, ademais das normas contidas nestas condicións de utilización. O incumprimento de calquera das condicións de utilización implica a terminación inmediata da súa autorización para utilizalo e a obriga de destruír calquera material que tivese sido descargado ou imprimido desde este sitio.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Os materiais e servizos accesibles neste sitio están protexidos por copyright, dereitos de autor e propiedade, e/ou polas normas legais que garanten a propiedade intelectual, de modo que calquera uso non autorizado destes materiais ou servizos pode supoñer unha violación de tales leis. Agás polo que aquí se indique expresamente, nin Edicións Xerais de Galicia S.A. nin os seus provedores garántenlle de modo explícito ou implícito ningún dereito sobre calquera patente, copyright, dereitos de marcas ou información de negocios confidencial con respecto aos materiais ou servizos.

USO DA INFORMACIÓN DO SITIO

Agás que se indique outra cousa nun lugar distinto deste sitio, está permitido ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible sempre que se realice de acordo coas seguintes condicións:

  • non está permitido eliminar o copyright nin ningún outro aviso sobre a propiedade que estea contido nos documentos e información. Edicións Xerais de Galicia S.A. resérvase o dereito de revogar en calquera momento a autorización para ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible neste sitio, e o uso de tales obxectos deixará de ser accesible inmediatamente.
  • os dereitos especificados anteriormente de visualización, impresión e descarga dos documentos e información dispoñible neste sitio non son aplicables á súa maqueta nin deseño. Todos os elementos deste sitio están protexidos polas leis relativas ao dereito de propiedade e non poden ser copiados nin plaxiados nin en parte nin na súa totalidade.

GARANTÍAS E LIMITACIÓNS

Agás o que expresamente sinale un acordo escrito entre vostede e Edicións Xerais de Galicia S.A., ou o que non sexa aplicable por lei, todos os materiais e servizos deste sitio son facilitados "tal cal", sen garantía de ningún tipo, nin explícita nin implícita, incluíndo, pero non limitando, as garantías implícitas de comerciabilidade, adecuación a fins particulares ou non incumprimento.

De modo ilimitado, Edicións Xerais de Galicia S.A. non se fai responsable nin facilita ningunha garantía sobre: (i) que os servizos e produtos satisfagan as súas necesidades (ii) que os servizos e materiais estean dispoñibles sen interrupción, sexan oportunos, seguros, ou estean libres de erros (iii) que os resultados que poida obter do seu uso sexan eficaces, exactos e precisos (iv) que a calidade de todos os produtos ou servizos obtidos neste sitio sexa a que vostede espera.

Este sitio pode conter erros técnicos ou doutro tipo, inexactitudes ou erros tipográficos. Edicións Xerais de Galicia S.A. Podrá realizar en calquera momento e sen previo aviso cambios nos materiais ou servizos deste sitio, incluíndo os prezos e a descrición dos produtos aquí contidos. Os materiais e servizos deste sitio poden non estar ao día sen que Edicións Xerais de Galicia S.A. asuma a obriga de mantelos actualizados.

En ningún caso nin Edicións Xerais de Galicia S.A. nin os seus provedores serán responsables ante vostede ou terceiras partes por calquera deterioración de calquera tipo, directo ou indirecto, especial, incidental, ou consecuente, incluíndo, pero non limitando, os danos resultantes da perda de datos ou beneficios, independentemente de que Edicións Xerais de Galicia S.A. tería avisado ou non destes riscos na utilización dos produtos ou servizos deste sitio, nin nos doutras compañías que aquí se mencionen.

A descarga de calquera material deste sitio realízase baixo a propia responsabilidade e risco do usuario, de modo que vostede acepta ser o único responsable dos danos ou perda de datos que poidan producirse no seu sistema informático como resultado da descarga ou adquisición destes materiais.

Este sitio contén vínculos con sitios en Internet doutras compañías que non se encontran baixo o control de Edicións Xerais de Galicia S.A. Edicións Xerais de Galicia S.A. non é responsable dos outros sitios aos que vostede poida acceder desde o sitio www.xerais.gal. Por iso, se vostede decide visitar tales sitios faino baixo o seu risco e responsabilidade, sen que Edicións Xerais de Galicia S.A. asuma responsabilidade ningunha pola seguridade ou exactitude de ningunha información, datos, opinións, consellos ou manifestacións destes sitios, nin da calidade dos produtos ou servizos que en tales sitios se ofrezan. Edicións Xerais de Galicia S.A. inclúe os vínculos con estes sitios como un servizo práctico, pero iso non implica de ningún xeito que Edicións Xerais de Galicia S.A. garanta ou acepte responsabilidade algunha en relación co contido ou uso de tales sitios.

INFORMACIÓNS CONFIDENCIAIS

Se desexa ter información sobre a protección da súa información persoal, por favor visite a páxina Política de confidencialidade.

LEIS E DISPOSICIÓNS APLICABLES

Este sitio de Edicións Xerais de Galicia S.A. (con exclusión dos seus vínculos) está controlado por Edicións Xerais de Galicia S.A. cuxa sede está na dirección C/ Dr. Marañón, 10. 36211 †Vigo (Pontevedra) (España), de maneira que, polo feito de acceder a este, vostede e Edicións Xerais de Galicia S.A. acordan que todos os asuntos relacionados co seu acceso e uso deste sitio sexan regulados pola lexislación de España con exclusión de calquera outra normativa nacional ou internacional. Todos os litixios relativos ás Condicións de utilización serán xulgados polos tribunais competentes de Madrid, España. Edicións Xerais de Galicia S.A. resérvase o dereito de exercer as accións legais que considere oportunas. Edicións Xerais de Galicia S.A. non é responsable de se os contidos do seu sitio www.xerais.gal son apropiados ou están dispoñibles para o seu uso noutros lugares, nin que se poida acceder a eles en lugares onde tales contidos sexan ilegais ou estean prohibidos. Aqueles que accedan a este sitio desde eses lugares fano por propia iniciativa e só a eles lles incumbe o respecto das leis locais.

DEREITOS DE MARCA

As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade de Edicións Xerais de Galicia S.A. ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas marcas sen a previa autorización escrita de Edicións Xerais de Galicia S.A., ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Copyright ©2012 Edicións Xerais de Galicia S.A.