Logo Xerais

Ficha libro

Poesía galega completa e textos en prosa Emilio Ãlvarez Blázquez

Emilio Ãlvarez Blázquez (Autor/a)
Xesús Alonso Montero (Autor/a)
Miro Villar (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Emilio Ãlvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Ãlvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas. Este libro reúne os seus poemarios coñecidos -Poemas de ti e de min (1949) e O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez) (1988)- e tamén, por vez primeira, un abondoso conxunto de composicións dispersas e inéditas, xunto cunha escolma de prosas galegas da súa autoría (algunhas tan importantes como "Terra de matute ara Castelao"), rematando cun apéndice onde se reproducen diversos textos que contribúen a explicar os valores da súa creación literaria. A presente edición ábrese cun limiar de Xesús Alonso Montero, auténtico incitador deste volume, que ao tempo é un significativo estudo arredor da faceta humana e literaria de Emilio Ãlvarez Blázquez. Ademais, do rigorso estudo literario e mais da fixación dos textos responsabilizouse o poeta e ensaísta Miro Villar.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (1 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.