Logo Xerais

Ficha libro

Quen me quere adoptar?

Fina Casalderrey (Autor/a)
Mª Fe Quesada (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 7 anos en diante

8ª Edición - Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2006

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a Ãfrica a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: "¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos."¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey é un libro que propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿É posible adoptar un avó? A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (10 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.