Materia de Lucrecio
Xabier Paz (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>POESÃA
Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cÃvico, amecendo a visión filosófica e cientÃfica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola rédea do coñecemento cientÃfico que se expón non exento de ironÃa. O desconcerto da conciencia, limitada, dexergando o Universo ilimitado e a vertixe da visión cosmolóxica na súa inmensidade, procuran acougo no acicate do coñecemento obxectivo e poético da materia, do seu devir. O ser humano, tenta recoñecerse na parte non arredada do Universo apalpando as súas leis. O coñecemento poético do posible como guieiro: poesÃa da materia. PoesÃa non como asombro polo Ãntimo, senón como indagación no que de común temos na nosa individualidade, a busca dunha estética antropolóxica. PoesÃa da experiencia, pero non da experiencia persoal e individual senón da experiencia comunitaria que nos outorga o herdo comunal do coñecemento cientÃfico.