Para unha crÃtica do españolismo
Estados e nacións
Camilo Nogueira (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>ENSAIO
2ª Edición
O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de España atribuÃda ás virtudes e á superioridade de Castela. O terceiro, «O tempo polÃtico dos trobadores», aborda o marco polÃtico de consolidación do galego como lingua de cultura e administración entre os século XII e XIV. O cuarto, «Sobre a Historia General de España de Modesto Lafuente», critica a interpretación que inspira as ideas tópicas sobre o carácter do Estado español como nación. O quinto, «O españolismo historiográfico no tempo constitucional», examina o estado desa ideoloxÃa no tempo posterior a 1978. O derradeiro, «O intérprete supremo», analiza a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o novo Estatuto de AutonomÃa de Cataluña, que fecha as vÃas de recoñecemento da diversidade nacional abertas nas pasadas décadas. Unha posición que contrasta coas decisións tomadas polas institucións do Estado español ante o ingreso na Comunidade Europea e o desenvolvemento da Unión Europea, cando decidiron a transferencia de competencias en materias expresamente definitorias de carácter e da soberanÃa estatal.