Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Matádeo mañá

Autor/a : Elixio Rodríguez

Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser Álvarez.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345826

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-439-2

  • Publicación

    23/01/2008

  • Clasificación IBIC

    BGA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    368

  • Tamaño

    22 x 14.6 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Sobre a colección CRÓNICA