Logo Xerais

Ficha libro

Obra completa de María Mariño

María Mariño (Autor/a)
Victoria Sanjurjo (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÁSICOS

2ªEdición

O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández.María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como “dinamiteira da fala”. A súa orixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte; os seus versos énchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñada de tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe como vivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical e decididamente singular.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.