Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

A negrura do mar

Autor/a : Ramón Caride
Ilustrador/a : Miguelanxo Prado

O presente volume inclúe unha novela ("A negrura do mar") e dous relatos longos (O misterio do Prión" e "A primeira aventura") que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado".

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O presente volume inclúe unha novela ("A negrura do mar") e dous relatos longos (O misterio do Prión" e "A primeira aventura") que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado". Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n' "A negrura do mar" a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte. N' "O misterio do Prión", os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. Por último, completa estes "Arquivos de Sheila e Said", ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

  • Colección

    De 11 anos en diante

  • Código

    1343143

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-496-5

  • Publicación

    28/11/2006

  • Clasificación IBIC

    YFG

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    168

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

Libros de Ramón Caride

De 11 anos en diante

As músicas viaxeiras

As músicas viaxeiras

FÓRA DE XOGO

Singamia 1.1

Singamia 1.1

De 8 anos en diante

Sara ten un segredo

Sara ten un segredo

Sobre a colección De 11 anos en diante