A malvada MarÃa Xosé
Miguel Vázquez Freire (Autor/a)
Xosé M. Collazo (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante
11ª Edición
MarÃa Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. MarÃa Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.A partir de aquà inÃciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátÃcos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruÃnas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policÃa, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo asà fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxÃca mundial.