Logo Xerais

Ficha libro

De fel e mel

Patxi Zubizarreta (Autor/a)
Xosé Manuel Moo Pedrosa (Tradutor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

2ª Edición - Lista de honra do IBBY (Tradución), 2003

Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquí. Cada ano, polo verán, alí chegaba a o flamante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, Selim viaxará ata a península na caixa dun camión. Percorrerá diversas comunidades ata chegar ao País Vasco. Na súa estadía en España atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de emigrante ilegal.Esta novela de Patxi Zubizarreta, orixinalmente publicada en euskera, é unha contundente denuncia, enchida de tenrura, do noxento contrabando de persoas do inicio do milenio. A cultura popular do Atlas marroquí (as tradicións, a gastronomía, as formas de vida...), a memoria da tradición oral das lendas do pobo beduíno, a denuncia da tortura, o transporte ilegal de emigrantes, a vida nas pateras, o mercado de traballo fraudulento, a problemática do racismo e da xenofobia... son algúns dos temas desta novela de grande actualidade.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.